domingo, 6 de janeiro de 2008

BO NADAL!!!

Antes de dar paso ó segundo trimestre quería pechar o primeiro poñendo unhas imaxes:

Decoramos unha árbore de nadal, xunto cos nenos e nenas das outras aulas. Ós de 5 anos tocounos recortar folios verdes para simular as follas da árbore, e quedounos así de chulo!!

Un día trouxemnos da casa produtos típicos de nadal, xuntámolos todos, escribimoslle o nome, comparámolos, compartímolos e comémolos, ummmm!! estaban boísimos (polvoróns, turrón duro, turrón brando, turrón de chocolate, bombóns, mazapáns, galletas, roscos de viño, noces, avelás, cacahuetes, améndoas doces, 1 mazá, uvas pasas...) pero a profe esqueceuse da cámara de fotos e agora non o podemos subir ó blog....

fixemos unha portada para encadernar os nosos traballos, e quedounos bastante bonita, mirade:

Escribímoslle a carta aos Reis Magos e o día do festival, viñeron recoller toda a correspondencia ó noso cole, e déronnos caramelos

Ese día tamén actuamos no festival que organizaron os profes e as profes, cantamos a panxoliña: "Jingle Bells", ensaiamos coa Teacher, e coas nenas e nenos das outras aulas de Infantil

Nenhum comentário: