sábado, 26 de janeiro de 2008

A PAZ

O 30 de xaneiro de 1948, mentras "Mahatma" Gandhi se dirixía ó seu habitual rezo da tarde foi asasinado por Vinayak Nathura Godse, miembro dun grupo extremista hindú.
Pola importancia de Gandhi no camiño cara outro mundo posíbel esa data fue elexida polas Nacións Unidas como o día mundial para conmemorar o Día da Paz.


Nós ás portas de celebrar tal conmemoración, xa empezamos a traballar na aula este tema.
Na asamblea diaria tivemos unha grande conversa sobre todo o que sabemos do tema, que é moito! Resaltamos a importancia de convivir harmónicamente, e de rexeitar todo tipo de violencia.


pregunteilles se coñecían algçun símbolo de paz. e todos e todas se referiron á pomba branca.


Despois vimos varios tipos de pombas, e por fin pintamos "La paloma de la paz" de Pablo Picasso




E falando deste autor, vimos outro cadro: o "Guernica"

Vimos as características do cadro e cada unha das imaxes que se aprecian, entre outras cousas vimos:

- un touro berrando

- unha mamá cun bebé enfermo

- unha bombilla rota

- un cabalo berrando

- unha persoa tirada no chan pisada polo cabalo

- unha persoa escapando...

e como queriamos darlle máis vida, coloreamos o cadro con cores moito máis vivas, e quedounos así:

Nenhum comentário: