sábado, 22 de dezembro de 2007

BO NADAL

Despois dun mes sen poder dicir nada do que fixemos, hoxe imos poñernos ó día.

Ó non ter internet no pavillón de educación infantil, é bastante complicado ter un blog actualizado diariamente. Pero unha vez que o poñan tentaremos publicar máis frecuentemente.

Dende a miña incorporación xa fixemos moitas cousas.
A entrada foi un pouco dura pola miña parte. De repente vinme nun novo centro, novas compañeiras e compañeiros, nova vila... e un grupo de 20 personiñas mirando expectantes para min, pensando: “canto tempo estará con nós, esta profe!!” e ademais dixeronme: “ti non pareces profesora!”
Ante este panorama comecei.
Grazas as compañeiras, pronto me afixen ó centro e as súas normas. E na aula... cuns poucos días xa me afixen a elas e eles, aceptáronme máis rápido do que pensaba, o cal foi moi gratificante. O único que aínda non “conseguín” é que traballen moito máis.
Cambiei cousas da aula para adaptala as necesidades dos nenos e nenas de 5 anos. Agora temos:
Zona de traballo
Zona de asemblea
Zona de recunchos:
- Recuncho do xogo simbólico
- Recuncho de construcións
- Recuncho de informática
Zona de exposición de traballos, experiencias...

Todas as zonas están equipadas, pero con material deteriorado na maior parte. Por iso lle escribimos aos Reis Magos, esperando que nos traian cousiñas.

A estruturación temporal tamén cambiou un pouco. Todo o tempo témolo dividido en rutinas, e están adaptadas ás aulas de inglés, música e psicomotricidade. Pero de xeito xeral un día normal na nosa aula é:

09.45:Rutinas de entrada:
Acompañamento ata a aula
Posta de mandilón
Asemblea diaria

Rutinas de traballo
Explicación da tarefa
Reparto do material
Traballo
Recollida do material

Rutina da merenda (ás veces)

11.25: Recreo

Rutina de traballo
Explicación da tarefa
Reparto do material
Traballo
Recollida do material

13.20: Rutinas de saída
Posta do abrigo

13.30: Comida

15.25: Rutinas de entrada
Posta do mandilón

Rutinas de traballo

Rutinas de xogo

Rutinas de saída
Repaso do aprendido
Posta de abrigos
Despedida

17.30: Saída


E con este novo plano de traballo xa fixemos moitas cousas.

Cando comecei estaban traballando a unidade didáctica do outono.
Ademais de facer as actividades gráficas do método, fixemos outras cousiñas:


Os nenos e nenas trouxeron froitos típicos do outono. Presentámolos, dixemos o nome, tocámolos, ulímolos, debuxámolos e escribimos o nome, ah! Tamén os probamos!!


Logo fixemos unha exposición de produtos.



Tamén aprendemos moitas poesías do outono para facer “o libro do outono”







Estudamos as árbores de folla perenne e caduca, contamos o conto do “paxariño ferido” miramos cales son as árbores que axudaron a este animal e cales non. Miramos cales tiñamos no patio, e saímos a coller follas. Na aula cada un ensinou as que tiña, clasificámolas, e pegámolas nuns folios para recoller o que experimentamos.

domingo, 2 de dezembro de 2007

O comezo

Dende hoxe e ata o fin do curso, tentarei reflexar neste blog o que vou facendo cas nenas e nenos da miña aula.
A pesares de miña tardía incorporación, a estas alturas, xa nos coñecemos ben, e estamos aprendendo moito.