domingo, 7 de dezembro de 2008

ESTAMOS NO NADAL

XA COMEZAMOS A ESTUDAR O NADAL.
E ESTE ANO DECIDIMOS ESTUDAR COMO SE CELEBRAN ESTAS DATAS NOUTROS LUGARES DO MUNDO.
XA SABEMOS COMO SE CELEBRAN EN:

RUSIA
TEÑEN DÚAS FIGURAS IMPORTANTES: Ded Moroz (Papa Noel) que se traduce como "Abuelo Frío" E A SÚA NETA Snegurochka (Nievecita).

DURANTE ESTAS DATAS COMEN: MANDARINAS, CARNE, ENSALADAS...
E BEBEN VODKA E CHAMPÁN.

COLOMBIA
ADORNAN AS CASAS CON GUIRNALDAS, ABETOS E PESEBRES.

NON TEÑEN A PAPÁ NOEL. OS REGALOS ÓS NENOS E NENAS APARECEN O DÍA 25 DIANTE DO PESEBRE, E SON PRESENTES QUE DEIXA O "NIÑO DIOS"

NAS FESTAS BEBEN AGUARDIENTE E RON E BAILAN MERENGUE, SALSA, VALLENATO...

O DÍA 31 FAN UN BONECO CON ROUPA VELLA RECHEO DE "GUASCA" DE PLÁTANO E MATERIAL INFLAMABLE. ESTE BONCO QUEIMANO PARA TER SORTE DURANTO O NOVO ANO

domingo, 16 de novembro de 2008

domingo, 9 de novembro de 2008

EXCURSIÓN A CASTROLANDÍN!


ESTE ANO XA FIXEMOS A NOSA PRIMEIRA EXCURSIÓN!
FOMOS VISITAR UN CASTRO NO MONTE DE CUNTIS.
GUSTOUNOS E APRENDEMOS MOITAS MOITAS COUSAS.




SAMAÍN

O DÍA 31 DE OUTUBRO FOI A NOITE MEIGA,
NÓS NO COLEXIO TAMÉN O CELEBRAMOS
HOUBO UNHA EXPOSICIÓN DE CABAZAS E CONTARONSE CONTOS DE MEDO!!!!!!!













PERO, QUE SE CELEBRA NO SAMAÍN??

A noite do 31 de outubro comeza o ano novo celta e a súa festa en honor dos defuntos, marcando a transición do outono ó inverno, nesta noite, un pobo con fondas crenzas relixiosas relacionadas coa inmortalidade da alma, provintes da noite dos tempos, cunha preocupación natural polos queridos defuntos expostos ao frío e á escuridade do inverno, á intemperie e á tristura dos camposantos, buscou, e encontrou un mecanismo de reparación: preparando alimentos e agasallos os parentes vivos, para os parentes mortos, sería posible que as ánimas dos parentes finados voltasen a visitar ás súas familias e ás súas vellas casas para comer nas mesas e para quentarse ao carón do lume da lareira.
Polo SAMAÍN era costume baleirar nabos de grande tamaño –posteriormente cabazas- para porlles dentro candeas. Varios séculos despois esta tradición –que se mantén aínda en Galicia- ten continuidade nas festas de Halloween, que poderían ter exportado aos Estados Unidos os irlandeses no século XIX e comezos do XX.

domingo, 19 de outubro de 2008

ANIVERSARIOS

XA TIVEMOS VARIOS ANIVERSARIOS
ESTE É O DE DIEGO DIZ

ESTA É UXÍA

ESTE MES COMEZOU A TRABALLAR NA AULA UXIA.
OUTRA PROFE!!!


E VAI ESTAR CON NÓS ATA FEBREIRO

BENVIDA!!!

quarta-feira, 15 de outubro de 2008

A FAMILIA!

Hoxe comezamos a facer un libro novo, onde iremos escribindo páxinas sobre a xente que máis queremos e que máis nos quere.
a ver como nos saen!!!!

E comezamos a traballar!!






e con esas ganas tolas de traballar, comezamos o curso.
Despois de que Rubén vise a balea que chegou ó porto de Marín, decidimos estudar este gran animal.
e niso estamos.

Pedimos a colaboración das familias para recopilar información,
mandáronnos moitísima información, que agora estamos estudando parte a parte.



Ademáis empezamos a buscar lugares do mundo interesantes, con monumentos, espazos naturais... que xa vimos ou que viron amigas e amigos nosos.

terça-feira, 30 de setembro de 2008

ESTES SOMOS NÓS!!1

Estes somos os nenos e nenas de 5 anos do CPI Santa Lucía



Vedes que caras de traballadoras e traballadores temos??
imos facer moitas cousas.
de momento xa empezamos a estudar letras, números, lugares do mundo e baleas.

ESTA É A NOVA AULA


domingo, 28 de setembro de 2008

NOVO CURSO, NOVA AULA, NOVAS NENAS E NENOS

Preparados, listos, XA!
Comezou un novo curso, e xa todo está preparado!!
Este é o blog de 6º de Educación Infantil do CPI Santa Lucía de Moraña.
Hai novos nenos e nenas, e tamén unha aula nova.
xa vos iremos ensinando as nosas cousiñas.

Dámosvos a BENVIDA a todos e todas

domingo, 22 de junho de 2008

Fin de curso!

Onte rematamos o curso!!
Despois de dúas semanas frenéticas nas que tivemos que traballar arreo para encadernar todo o material que fixemos, facer as nosas manualidades, recoller a cosecha do invernadoiro... pois onte collemos as merecidas vacacións.
Esperamos que todas e todos teñades un moi bo verán!!

sexta-feira, 6 de junho de 2008

sexta-feira, 16 de maio de 2008

Ganamos!!!

Ganamos o 1º Premio do concurso ó que nos presentamos!!
Mañá as 20.30 na Casa de Cultura de Moraña entregarannos o premio.
vémonos alí

domingo, 11 de maio de 2008

O maio

Na semana pasada tamén celebramos o día dos maios no CPI
Santa Lucía de Moraña
e os nenos e nenas de E. Infantil e E. Primaria fixemos este bonito Maio

Libro do lobo

sábado, 10 de maio de 2008

Presentámonos a un premio!!

En moraña por mor da celebración das Letras Galegas do ano 2007, hai unha asociación que organizou un concurso literario de "Contos de Lareira." e xa van polo 5º ano...
nós falámolo, entón decidimos inventar un conto entre todos, facer as ilustracións, escribilo no ordenador, facerlle unha portada e presentalo.
A ver se temos sorte, porque nos quedou moi chulo, titúlase: "Pita, Pito e Pachá"

OS amigos de Casaio!

Hai uns días tivemos unha sorpresa.
chegounos unha segunda carta duns amigos que temos nun colexio en Casaio de Valdeorras


Contábannnos moitas cousas, mandáronnos fotos da súa vila, e viase neve!! e como alí hai moita pizarra, mandáronnos uns cachiños para que nós a puideramos coñecer. moitas grazas amigos
En seguida comezamos a contestarlle, esperamos que lles guste todo o que lle mandamos


Vermes de Seda

Na aula tamén temos uns vermes de seda.

de momento so os temos na caixiña, e pronto empezaremos a estudalos en profundidade!!
Xa sabemos que so comen follas de moreira, e se son "tiernas" moito mellor!

Pachá e o seu irmán!!

Un dos compañeiros da nosa aula trouxonos á aula 2 Hamsters.



e agora estamos estudando todo o referente a estas mascotas:


fixemos o mesmo que fixeramos co estudo do Lobo


asíque por fases:


1º puxemos o que sabemos


2º escribimos o que queriamos buscar


3º pedimos axuda ás familias na busca de información


4º buscamos nós información na biblioteca do centro


5º estamos traballando toda esa información.

Probamos as nosas leitugas!!

Esta semana por fin recollemos os primeiros froitos do noso traballo no invernadoiro: COLLEMOS AS PRIMEIRAS LEITUGAS!!!

o resto das nosas plantas esstán medrando moito co noso coidado, temos amorodos "brancos"so lles queda madurar e xa as poderemos comer, as xudías xa suben pola rede moi lixeiras, as tomateiras e as pementeiras teñen flor e os guisantes seguen medrando (pero ainda non vemos flores nin froitos, so medran!!)

domingo, 13 de abril de 2008

Temos un novo compañeiro!!


Nesta semana incorporouse a nosa aula un novo neno. Ven de Marrocos.

Como non sabiamos donde estaba ese país tivemos que buscalo, e sabedes onde decidimos buscar?

nuns libros de mapas.

Agora sabemos que está no norte de África


Cando chegou o neno preguntamoslle como se chamaba.
pois chámase Oussama
miramos as letras que leva, escribímolo con plastelina, enseñamosllo.
tamén lle ensinamos a aula, os recunchos, onde gardamos o material, o seu percheiro e casilleiro. puxemos o seu nome xunto cos nosos na lista da aula e nos aniversarios.
aínda non nos entendemos ben! pero xa nos entenderemos

Como está o noso invernadoiro???

Día tras día, e grazas ó mimo co que estamos coidando o noso invernadoiro este vai enchéndose de máis e máis plantas.
Repasamos o que temos: leitugas, fresas, guisantes, cenorias, espinacas, xudias, pementos, tomates, melóns e sandías
As leitugas é o que se ve máis bonito, pronto poderemos comelas!!!


As fresas xa están botando flores, asique tamen en breve poderemos probalas!!!

Como temos un terreo moi grande á hora de regar facíasenos moito

decidimos comprar un aspersor para regar, porque a nós non nos daba tempo de regar todo, agora é moito máis sinxelo.

Ademais temos que sacar herbas para mantelas coidadiñas


isto ás veces é o que máis nós gusta, porque se as sacamos temos que plantar outras cousiñas que xa nos sairon das bandexas, como leitugas, guisantes e xudias:


O venres xa levamos unhas plantas de leitugas para a nosa casa, agora temos que facernos responsables delas e regalas: un dia si e un dia non.