domingo, 13 de abril de 2008

Temos un novo compañeiro!!


Nesta semana incorporouse a nosa aula un novo neno. Ven de Marrocos.

Como non sabiamos donde estaba ese país tivemos que buscalo, e sabedes onde decidimos buscar?

nuns libros de mapas.

Agora sabemos que está no norte de África


Cando chegou o neno preguntamoslle como se chamaba.
pois chámase Oussama
miramos as letras que leva, escribímolo con plastelina, enseñamosllo.
tamén lle ensinamos a aula, os recunchos, onde gardamos o material, o seu percheiro e casilleiro. puxemos o seu nome xunto cos nosos na lista da aula e nos aniversarios.
aínda non nos entendemos ben! pero xa nos entenderemos

Como está o noso invernadoiro???

Día tras día, e grazas ó mimo co que estamos coidando o noso invernadoiro este vai enchéndose de máis e máis plantas.
Repasamos o que temos: leitugas, fresas, guisantes, cenorias, espinacas, xudias, pementos, tomates, melóns e sandías
As leitugas é o que se ve máis bonito, pronto poderemos comelas!!!


As fresas xa están botando flores, asique tamen en breve poderemos probalas!!!

Como temos un terreo moi grande á hora de regar facíasenos moito

decidimos comprar un aspersor para regar, porque a nós non nos daba tempo de regar todo, agora é moito máis sinxelo.

Ademais temos que sacar herbas para mantelas coidadiñas


isto ás veces é o que máis nós gusta, porque se as sacamos temos que plantar outras cousiñas que xa nos sairon das bandexas, como leitugas, guisantes e xudias:


O venres xa levamos unhas plantas de leitugas para a nosa casa, agora temos que facernos responsables delas e regalas: un dia si e un dia non.

Xa chegou a primavera!!

A pesar deste cambio climático que estamos vivindo ó colexio de Moraña xa chegou a primavera. Xa temos flores nas nosas árbores!!!




Saimos unha mañá ó patio e puidemos comprobar como todas as árbores estaban brotando, e algunhas xa teñen flor!!



Falamos dos cambios que se estaban producindo nas plantas, nos animais, no noso estio de vestir... A verdade é que sabemos moitas cousas!!