terça-feira, 26 de fevereiro de 2008

CHEGOUNOS UN MAIL E UNHA CARTA!!

O outro día chegounos un e-mail da profe MariCarmen, esta porfe estivo na aula no mes de outubro, agora está en Tui e lembrouse nós. Fíxonos moitísima ilusión ter noticias dela.
agora mesmo, xa lle escribiron tódolos nenos e nenas unha carta na computadora. agora so queda que lla mandemos dende unha conta de correo que deberemos crear entre todas e todos, e que faremos nesta semana na sala dé informática.


Ó día seguinte, sorprendentemente, chegounos un gran sobre decorado por correo tradicional.
Ó abrilo vimos que era duns nenos e nenas que están nun colexio moi lonxe de nós, pero que están interesados en facerse nosos amigos. mandáronnos un mapa de Galiza, e puidemos comprobar ó separados que están de nós.



e agora nós estamos contestándolle, dándolle datos por se queren saber máis da nosa comarca.
Os nenos e nenas están moi motivados, e encantoulles ver que a carta estaba dirixida a toda a aula e non a profe.
moitas grazas ángela! esperamos non defraudarvos coa resposta!

domingo, 3 de fevereiro de 2008

e de qué nos disfrazamos???

Despois de moito esperar chegou o entroido
Disfrazámonos de licenciados, estabamos guapísimos!!!!!!
mirade un pequeno exemplo:

Unha vez disfrazados fomos ó ximnasio, e disfrutamos do día xunto con outros nenos e nenas de educación infantil e primaria.
levamos filloas e orellas da casa e alí compartimos todo.

como era tanta comida, convidamos tamén o resto do alumnado de educación primaria que non estaban con nós.
Que viva o entroido!!!