Como o día 8 de marzo era o dia internacional da muller traballadora, nós no cole, falamos moito sobre os traballos das nosas mamás. e démonos conta de todo o que fan nun día, escribimos todo, e se nós fixeramos a metade acabariamos máis cansas e cansos....
entre outras cousas as nosas mamás fan desde que se levantas:
(Algúns comentarios dos nenos e nenas)
- A miña mamá traballa nunha fábrica de cortinas
- A miña nunha oficina
- A miña non traballar
- Como que non traballa??
- So está na casa.
- E na casa as mamás non traballan?
- SIIIIIIII!!!!
- E as mamás que traballan fóra da casa, ó chegar séntanse no sofá?
- NON!!
- Vamos facer unha lista con cousas que fan as mamás:
- fai as camas
- quenta o leite
- vísteme
- profe eu xa me visto so.
- eu tamén
- e eu!...
- tamén me fai a merenda
- vai ó traballo
- vai buscarnos ó cole
- frega os cacharros
- duchame
- fai a cea
- contame un conto...
e moitas cousas máis.
entón dedicámoslle un precioso cadro, onde a debuxamos no seu traballo
Ademais, veu unha chica para facer un obradoiro de igualdade.
entón o xoves día 13, veu a chica, contounos un conto que se titulaba: "Caperucito Rojo" e o de "A familia Porcón"
logo tivemos que facer unhas actividades gráficas.
Ah!! tamén nos regalaron un lapis e 2 caramelos
e comprometémonos a axudar máis na casa as nosas mamás.