domingo, 16 de novembro de 2008

domingo, 9 de novembro de 2008

EXCURSIÓN A CASTROLANDÍN!


ESTE ANO XA FIXEMOS A NOSA PRIMEIRA EXCURSIÓN!
FOMOS VISITAR UN CASTRO NO MONTE DE CUNTIS.
GUSTOUNOS E APRENDEMOS MOITAS MOITAS COUSAS.




SAMAÍN

O DÍA 31 DE OUTUBRO FOI A NOITE MEIGA,
NÓS NO COLEXIO TAMÉN O CELEBRAMOS
HOUBO UNHA EXPOSICIÓN DE CABAZAS E CONTARONSE CONTOS DE MEDO!!!!!!!













PERO, QUE SE CELEBRA NO SAMAÍN??

A noite do 31 de outubro comeza o ano novo celta e a súa festa en honor dos defuntos, marcando a transición do outono ó inverno, nesta noite, un pobo con fondas crenzas relixiosas relacionadas coa inmortalidade da alma, provintes da noite dos tempos, cunha preocupación natural polos queridos defuntos expostos ao frío e á escuridade do inverno, á intemperie e á tristura dos camposantos, buscou, e encontrou un mecanismo de reparación: preparando alimentos e agasallos os parentes vivos, para os parentes mortos, sería posible que as ánimas dos parentes finados voltasen a visitar ás súas familias e ás súas vellas casas para comer nas mesas e para quentarse ao carón do lume da lareira.
Polo SAMAÍN era costume baleirar nabos de grande tamaño –posteriormente cabazas- para porlles dentro candeas. Varios séculos despois esta tradición –que se mantén aínda en Galicia- ten continuidade nas festas de Halloween, que poderían ter exportado aos Estados Unidos os irlandeses no século XIX e comezos do XX.