sexta-feira, 16 de maio de 2008

Ganamos!!!

Ganamos o 1º Premio do concurso ó que nos presentamos!!
Mañá as 20.30 na Casa de Cultura de Moraña entregarannos o premio.
vémonos alí

domingo, 11 de maio de 2008

O maio

Na semana pasada tamén celebramos o día dos maios no CPI
Santa Lucía de Moraña
e os nenos e nenas de E. Infantil e E. Primaria fixemos este bonito Maio

Libro do lobo

sábado, 10 de maio de 2008

Presentámonos a un premio!!

En moraña por mor da celebración das Letras Galegas do ano 2007, hai unha asociación que organizou un concurso literario de "Contos de Lareira." e xa van polo 5º ano...
nós falámolo, entón decidimos inventar un conto entre todos, facer as ilustracións, escribilo no ordenador, facerlle unha portada e presentalo.
A ver se temos sorte, porque nos quedou moi chulo, titúlase: "Pita, Pito e Pachá"

OS amigos de Casaio!

Hai uns días tivemos unha sorpresa.
chegounos unha segunda carta duns amigos que temos nun colexio en Casaio de Valdeorras


Contábannnos moitas cousas, mandáronnos fotos da súa vila, e viase neve!! e como alí hai moita pizarra, mandáronnos uns cachiños para que nós a puideramos coñecer. moitas grazas amigos
En seguida comezamos a contestarlle, esperamos que lles guste todo o que lle mandamos


Vermes de Seda

Na aula tamén temos uns vermes de seda.

de momento so os temos na caixiña, e pronto empezaremos a estudalos en profundidade!!
Xa sabemos que so comen follas de moreira, e se son "tiernas" moito mellor!

Pachá e o seu irmán!!

Un dos compañeiros da nosa aula trouxonos á aula 2 Hamsters.



e agora estamos estudando todo o referente a estas mascotas:


fixemos o mesmo que fixeramos co estudo do Lobo


asíque por fases:


1º puxemos o que sabemos


2º escribimos o que queriamos buscar


3º pedimos axuda ás familias na busca de información


4º buscamos nós información na biblioteca do centro


5º estamos traballando toda esa información.

Probamos as nosas leitugas!!

Esta semana por fin recollemos os primeiros froitos do noso traballo no invernadoiro: COLLEMOS AS PRIMEIRAS LEITUGAS!!!

o resto das nosas plantas esstán medrando moito co noso coidado, temos amorodos "brancos"so lles queda madurar e xa as poderemos comer, as xudías xa suben pola rede moi lixeiras, as tomateiras e as pementeiras teñen flor e os guisantes seguen medrando (pero ainda non vemos flores nin froitos, so medran!!)