quinta-feira, 17 de janeiro de 2008

O LOBO

Levamos unha semana traballando o "lobo"

Estamos moi motivados.

e para organizar todo, todo, seguimos uns pasos:
1º miramos o que sabemos do lobo, e escribimolo no encerado que creamos para este momento






2º preguntámonos que era o que queriamos aprender deste animal


3º pedimos a colaboración das familias na busca de información



4º recopilamos toda a información e clasificámola, segundo a procedencia




5º estudiámola segundo as preguntas que tiñamos formuladas



6º xuntaremos todo e faremos un libro sobre o "LOBO"

quinta-feira, 10 de janeiro de 2008

Comezamos!!

Xa está!! comezou o ano 2008 e tamén as aulas.
Chegamos con moitas ganas todas e todos.
Ó chegar tivemos unha grande sorpresa na aula: os Reis Magos pasaron polo colexio e deixáronnos moitos xoguetes: cociña, cuna, carriño de bebés, parking, taller mecánico, encerado magnético...


Tamén lembramos todo o que nos deixaron os Reis Magos nas casas, debuxámolo e tamén o escribimos.

E comezamos a traballar cun novo método de traballo.
Estamos estudando o "LOBO"
a ver q nos sae.

domingo, 6 de janeiro de 2008

FELIZ ANO 2008!!!!

AGORA SI QUE COMEZAMOS UN NOVO ANO,

Xa con moitas ganas de comezar este segundo trimestre. e sobretodo ver o que nos trouxeron os Reis Magos á clase.

Seguirán cambiando algunhas cousas dentro desas 4 paredes, pero espero que sexa para mellor

os meus mellores desexos para todas e todos este novo ano!!!

BO NADAL!!!

Antes de dar paso ó segundo trimestre quería pechar o primeiro poñendo unhas imaxes:

Decoramos unha árbore de nadal, xunto cos nenos e nenas das outras aulas. Ós de 5 anos tocounos recortar folios verdes para simular as follas da árbore, e quedounos así de chulo!!

Un día trouxemnos da casa produtos típicos de nadal, xuntámolos todos, escribimoslle o nome, comparámolos, compartímolos e comémolos, ummmm!! estaban boísimos (polvoróns, turrón duro, turrón brando, turrón de chocolate, bombóns, mazapáns, galletas, roscos de viño, noces, avelás, cacahuetes, améndoas doces, 1 mazá, uvas pasas...) pero a profe esqueceuse da cámara de fotos e agora non o podemos subir ó blog....

fixemos unha portada para encadernar os nosos traballos, e quedounos bastante bonita, mirade:

Escribímoslle a carta aos Reis Magos e o día do festival, viñeron recoller toda a correspondencia ó noso cole, e déronnos caramelos

Ese día tamén actuamos no festival que organizaron os profes e as profes, cantamos a panxoliña: "Jingle Bells", ensaiamos coa Teacher, e coas nenas e nenos das outras aulas de Infantil