domingo, 13 de abril de 2008

Xa chegou a primavera!!

A pesar deste cambio climático que estamos vivindo ó colexio de Moraña xa chegou a primavera. Xa temos flores nas nosas árbores!!!




Saimos unha mañá ó patio e puidemos comprobar como todas as árbores estaban brotando, e algunhas xa teñen flor!!



Falamos dos cambios que se estaban producindo nas plantas, nos animais, no noso estio de vestir... A verdade é que sabemos moitas cousas!!

segunda-feira, 31 de março de 2008

VOLTA Ó COLE!

Xa pasamos unha semana no cole despois duns días de vacacións....
A volta foi levadeira, pero cun pequeno contratempo.
Cando chegamos o martes, e fomos ver o noso invernadoiro, vimos que entraron nel e nos destrozaron parte do noso traballo: tiráronnos bandexas con sementes, quitaron a manta das fresas, arrancaronnos algunhas plantas...
ese dia marchamos todas e todos un pouco desgustados para a casa. O venres xa amañamos todo e volvemos ter a nosa horta en orde!

terça-feira, 18 de março de 2008

Que fixemos o día da muller traballadora?

Como o día 8 de marzo era o dia internacional da muller traballadora, nós no cole, falamos moito sobre os traballos das nosas mamás. e démonos conta de todo o que fan nun día, escribimos todo, e se nós fixeramos a metade acabariamos máis cansas e cansos....


entre outras cousas as nosas mamás fan desde que se levantas:


(Algúns comentarios dos nenos e nenas)


- A miña mamá traballa nunha fábrica de cortinas
- A miña nunha oficina
- A miña non traballar
- Como que non traballa??
- So está na casa.
- E na casa as mamás non traballan?
- SIIIIIIII!!!!
- E as mamás que traballan fóra da casa, ó chegar séntanse no sofá?
- NON!!
- Vamos facer unha lista con cousas que fan as mamás:
- fai as camas
- quenta o leite
- vísteme
- profe eu xa me visto so.
- eu tamén
- e eu!...
- tamén me fai a merenda
- vai ó traballo
- vai buscarnos ó cole
- frega os cacharros
- duchame
- fai a cea
- contame un conto...


e moitas cousas máis.


entón dedicámoslle un precioso cadro, onde a debuxamos no seu traballo





Ademais, veu unha chica para facer un obradoiro de igualdade.


entón o xoves día 13, veu a chica, contounos un conto que se titulaba: "Caperucito Rojo" e o de "A familia Porcón"



logo tivemos que facer unhas actividades gráficas.



Ah!! tamén nos regalaron un lapis e 2 caramelos
e comprometémonos a axudar máis na casa as nosas mamás.

Como vai a nosa horta??

Con moito traballo, a nosa horta vai medrando. Cada día a plantación crece sen dificultade, e tamén imos plantando e sementando novos vexetais.

Así, coa axuda das nenas e nenos de 5º de primaria, temos plantado: leitugas, de 2 variedades, fresas, guisantes, cenorias, espinacas, tomates, melón, sandía, fabas e pepinos.
aí poñemos unhas fotos para ver todo o q fixemos e o que nos foron medrando as plantas