domingo, 13 de abril de 2008

Como está o noso invernadoiro???

Día tras día, e grazas ó mimo co que estamos coidando o noso invernadoiro este vai enchéndose de máis e máis plantas.
Repasamos o que temos: leitugas, fresas, guisantes, cenorias, espinacas, xudias, pementos, tomates, melóns e sandías
As leitugas é o que se ve máis bonito, pronto poderemos comelas!!!


As fresas xa están botando flores, asique tamen en breve poderemos probalas!!!

Como temos un terreo moi grande á hora de regar facíasenos moito

decidimos comprar un aspersor para regar, porque a nós non nos daba tempo de regar todo, agora é moito máis sinxelo.

Ademais temos que sacar herbas para mantelas coidadiñas


isto ás veces é o que máis nós gusta, porque se as sacamos temos que plantar outras cousiñas que xa nos sairon das bandexas, como leitugas, guisantes e xudias:


O venres xa levamos unhas plantas de leitugas para a nosa casa, agora temos que facernos responsables delas e regalas: un dia si e un dia non.

Um comentário:

Marta disse...

¡Pero canto traballades! ¡Encántanos o voso invernadoiro!
Biquiños dende Vigo!!!