Andaina 2008-2009, tenta ser a recopilación do traballo feito no CPI Santa Lucía na aula de 6º de Educación Infantil.
quarta-feira, 5 de março de 2008
TEMOS UNHA HORTA NA ESCOLA!!
Hoxe comezamos unha nova experiencia, coa axuda do director do centro puxemos en funcionamento un invernadoiro que había no centro e nonfuncionaba. Viñemos da casa preparados para mancharnos, e guiados por Taboada plantamos as nosas primeiras leitugas e enchemos unhas bandexas con Turba, para poder botar sementes.
O proceso non é tan complicado: cando nós chegamos vimos o traballo que xa fixeran as nenas e nenos de tres anos, e nós continuamos onde o deixaran.
1º Botamos abono de cabalo e tapámolo
2º fixemos os buratos para as plantas
3º colocamos e tapamos as plantas de leitugas nos buratos
agora temos que ir cada 2 días coidar a nosa plantación
este próximo venres, botaremos sementes nas bandexas, para ver o prceso completo que segue unha planta.
estamos moi ilusionados, porque ademáis de mancharnos estamos aprendendo moitas plabras que non coñeciamos.
Nenhum comentário:
Postar um comentário