terça-feira, 26 de fevereiro de 2008

CHEGOUNOS UN MAIL E UNHA CARTA!!

O outro día chegounos un e-mail da profe MariCarmen, esta porfe estivo na aula no mes de outubro, agora está en Tui e lembrouse nós. Fíxonos moitísima ilusión ter noticias dela.
agora mesmo, xa lle escribiron tódolos nenos e nenas unha carta na computadora. agora so queda que lla mandemos dende unha conta de correo que deberemos crear entre todas e todos, e que faremos nesta semana na sala dé informática.


Ó día seguinte, sorprendentemente, chegounos un gran sobre decorado por correo tradicional.
Ó abrilo vimos que era duns nenos e nenas que están nun colexio moi lonxe de nós, pero que están interesados en facerse nosos amigos. mandáronnos un mapa de Galiza, e puidemos comprobar ó separados que están de nós.



e agora nós estamos contestándolle, dándolle datos por se queren saber máis da nosa comarca.
Os nenos e nenas están moi motivados, e encantoulles ver que a carta estaba dirixida a toda a aula e non a profe.
moitas grazas ángela! esperamos non defraudarvos coa resposta!

Um comentário:

Saleta disse...

Ola compañeira! Canto tempo verdade??? Jajajajaja. Que ilusión lles fixo verdade? Agora a ver se damos arrancado os de 3 coa nosa para @s nen@s de Perillo. Ata pronto! Bicos